domingo, 1 de noviembre de 2009

Limiar


A xeito de S.O.S.
falo na madrugada;
Pechai tódalas portas
e que xa ninguén saia.

Sin a seiva nutricia
esmorecen as gallas.
Arbre antigo, Galicia,
fendérono as machadas.
Unha ponla no mundo,
outra ponla na casa,
a ponla do alén mar
é soio unha metáfora.
O pobo quere terra
coma Anteo na fábula.
A terra quere pobo
para ser fecundada.
Nunca virá de fora
remedio ou esperanza.
Si o noso pobo morre
quedámonos sin patria,
pois patria e pobo son
o mesmo en duas palabras.
Pechai todalas portas
e que xa ninguén saia.


Celso E. Ferreiro

2 comentarios: